miércoles, 19 de mayo de 2010

O PIB

O PIB (produto interior bruto) é o valor de mercado de todos os bens e servizos finais producidos nun país durante un determinado período de tempo

Para calcular o PIB :
-súmanse bens heteroxéneos multiplicando as cantidades polo seu prezo, de forma que o que se suman son as unidades monetarias.
-Súmanse todos os bens e servizos que pasan polo mercado.
-Só se teñen en conta os bens finais,non os intermedios.
-Só se teñen en conta os bens producidos, é dicir, se eu quero vender a miña moto de segunda man non entraría no PIB deste ano,pero si no PIB do ano no que eu a comprei.
-O tempo soe ser un ano.





COMPOÑENTES DO PIB
  1. Consumo privado: unha parte dos bens finais é consumida polas familias. Nos países desenvolvidos supón arredor do 60% do PIB.
  2. Investimento: gasto das empresas como investimento en edificios,maquinaria, instalacións... O gasto familiar ne nova vivenda tamén se considera investimento en vez de consumo. Supón arredor dun 20% nos países desenvolvidos.
  3. Gasto público: gastos do Estado, é dicir gastos de bens e servizos por parte de todas as administracións do Estado (salarios traballadores, estradas...). Na mairoria dos países supón entre un 10 e 20 % do PIB sendo maior naqueles estados que ofrecen mellores servizos públicos.
  4. Exportacións netas: moitos dos bens que son producidos no país véndense ao exterior, de igual maneira que moitos bens que son consumidos no país son comprados do exterior. Así distínguense entre exportacións e importacións. As primeiras teñen signo positivo, pois son producidas no país e súmanse ao PIB, as últimas teñen signo negativo, pois cómpranse do exterior e réstanse ao PIB.

martes, 18 de mayo de 2010

EFECTOS DA INFLACCIÓN

-Sobre a producción e o emprego: dependen da intensidade da subida de prezos e de que se poidan prever ou non esas subidas. Se os prezos soben de forma moderada e ademais prevista ps seus efectos non serán importantes, pero se as subidas son persistentes e non previstas os seus efectos poden ser moi negativos.



-Sobre a distribución da renda:
*Os aforradores e prestamistas--> venxe perxudicados. Os aforradores ven como o diñeiro dos seus depósitos bancarios perde valor a medida que os prezos soben. Os prestamistas cando recuperan o seu diñeiro observan que ten menor valor ca cando o prestaron.
*Os prestameiros--> benefícianse da inflación xa que ao devolver un préstamo terán que pagar unha cantidade menor ca a orixinal.
* Os colectivos máis débiles ou con menor poder de negociación--> vense afectados de forma negativa cando non logran que os seus salarios ou pensións aumenten na mesma porción ca os prezos.
*Os posuidores de bens patrimoniais--> benefícianse xa que coa inflación os seus bens vense revalorizados.

miércoles, 12 de mayo de 2010

MACROECONOMIA

A macroeconomía é a parte da economía que estuda os problemas prioritarios dun país.
Os principais problemas ou cuestións macroeconómicas son:
-Crecemento: ao aumentar os bens de producción aumenta o emprego,o que fai que mellore o nivel de vida da poboacíon. Así recádanse maís impostos o que fai que o Estado poida ofrecer mellores servicios públicos.


-Emprego: o desemprego é un dos problemas principais de moitos Estados,non soamente pola perda do benestar que supón para a súa poboación, senón tamén polo malgasto de capital humano.
-Equilibrio de prezos: cando se da unha inflacción* prodúcense desequilibrios. Por iso o analise das causas de esa inflacción e as medidas que a evitan son cuestións prioritarias para un país.
-Equilibrio orzamentario: cando as contas de un Estado teñen máis gastos ca ingresos prodúcense desequilibrios, o que provoca o endebendamento do Estado.
-Equilibrio exterior: cando un país importa* maís que exporta* tamén se dan desequilibrios. Para solucionar esta situación hai que endebedarse co exterior. O pagamento desta débeda externa é o principal problema de moitos paises que non conseguen saír da pobreza.



-Equidade: debido ao libreo xogo de mercado hai desigualdades económicas. Unha das precupacións prioritarias da política económica é tender cara unha redistribución da renda, de acordo cos valores de xustiza e equidade, que tenda a eliminar as desigualdades e a pobreza.
-Sustentabilidade: unha preocupación crecente é garantir que as actividades económicas das xeracións presentes non poñan en perigo ás xeracións futuras, ou o que é o mesmo, unha equidade xeracional.


*inflacción: subida significativa e contínua dos prezos.
*importar: comprar produtos producidos no exterior.
*exportar: vender produtos ao exterior producidos no país.

viernes, 16 de abril de 2010

INFLACIÓN

A inflacción defínese como unha suba continuada e xeneralizada dos prezos dunha economía.
Para saber canto subieron os prezos utilízanse as taxas de inflacción que miden a variación dos prezos nun determinado período. Cando existe inflacción, non debe deducirse que todos os prezos soben na mesma contía.
-Clases de inflacción:(segun súa intensidade)
  • Inflacción moderada: aumento leve dos prezos, inferiros ao 2% ou 3%.
  • Inflacción galopante: subida por riba do 10% anual.
  • Hiperinflacción: os prezos soben maís dun 100% nun ano. Supón a perda de control dos prezos e a creba do sistema monetario, xa que o diñeiro apenas ten valor. Nestes casos, a poboación deixa de confiar na moeda do seu país e refúxiase no troco ou na utilización doutra moeda extranxeira.



-Causas da inflación:

  1. Inflación de demanda: se demandanos maís bens e servizos dos que as empresas poden producir unha situación de exceso de demanda que provoca un aunmento dos prezos. Isto interpretase de dous xeitos diferentes:
  • Os monetaristas consideran que a inflación de demanda se debe á excesiva creación de diñeiro por parte das autoridades monetarias.
  • Os keynesianos argumentan que só se produce inflación de demanda cando a economía ten plenamente utilizados os seus factores e non se poden producir máis bens.

2. Inflación de custos : outra das causas explicativas é o aumento dos custos de produción das empresas. Pode ter á súa orixe no crecemento dos salarios ou dos custos das materias primas e da enerxía.

Bancos de tiempo

Un banco de tiempo es un sistema de intercambio de servicios por tiempo.
En él la unidad de intercambiono es el dinero habitual sino una medida de tiempo, por ejemplo el trabajo por hora. Propone la ventaja de fomentar las relaciones sociales y la igualdad entre distintos estratos económicos.

El dinero de tiempo es una nueva moneda para proporcionar una solución a los recortes masivos del gasto público en materia de bienestar social, pero sin recurrir a la intervención estatal de la economía, sino al contrario, a partir de la libertad de acción económica.Plantea que el dinero convencional actualmente no es suficiente para arreglar todos lo problemas que enfrentan las sociedades. La idea entonces es crear un nuevo tipo de dinero para pagar a la gente por lo que se necesita hacer, valorando las contribuciones por igual y sacándole provecho a las habilidades de las personas, con una hora equivalente a un servicio de crédito. Estos créditos de tiempo son depositados en un banco del tiempo.

El dinero de tiempo se crea a través de crédito mtuo: cada transacción se registra como un crédito y débito en las cuentas de los participantes. El dinero de tiempo reconoce y alienta un servicio recíproco a la comunidad, resiste la inflación sin acaparamiento, y está en oferta suficiente, que permite el comercio la cooperación ntre los participantes

jueves, 15 de abril de 2010

A DEMANDA DE DIÑEIRO


A demanda do diñeiro obedece a dúas razóns derivadas das súas funcións de medio de cambio e depósito de valor:


  1. Demanda para transaccións--> as familias necesitan diñeiro para realizar as súas compras e as empresas para apgar materias primas ou salarios. Por iso, demandan e manteñen unha cantidade dispoñible de diñeiro para antender as súas necesidades diarias.

  2. Demanda por precaución--> Os axentes económicos tamén demandan e manteñen diñeiro dispoñible para poder facerlles fronte aos gastos imprevistos.

Pero o diñeiro só é útil cando o utilizamos para cambialo por bens: o simple feito de telo non só non nos satisfai ningunha necesidade, senón que, ademais, pode provocar que perda parte do seu valor.Por iso cando as persoas demandan diñeiro teñen que ter en conta os seguientes factores:


- O nivel de prezos: se soben os precios demandaremos maís diñeiro para amnter a mesma capacidade de gasto.


- O nivel de renda: un aumento da renda xera un aumento do nivel do gasto, e para gastar demandaremos maís diñeiro.


- O tipo de xuro: a demanda de diñeiro ten unha relación inversa co tipo de xuro. Se é baixo non nos importará ter unha gran cantidade de diñeiro inactivo en cambio se sobe será maís atractivo ter o diñeiro nun depósito a prazo.


- O risco e as expectativas: é maís seguro manter o diñeiro no peto, pero menos rendible ca telo investido.

miércoles, 14 de abril de 2010

O DIÑEIRO E AS SUAS FUNCIONS

O diñeiro pódese definir como todo medio de cambio e pagamento xeralmente aceptado pola sociedade.
-Tipos de diñeiro:
  1. O diñeiro mercadoria--> é a sua forma maís primitiva. É un ben que, ademais de ter o seu propio valor de uso, se emrpega como medio de pagamento. Para que unha mercadoria poida ser usada como diñeiro deben ser facilmente transportables, duradiros, divisibles en partes, homoxéneos e escasos. Ex: gando, as cunchas, os metais preciosos... A incomodidade de pesar o ouro en cada intercambio deu orixe á cuñaxe de moedas.
  2. O diñeiro papel--> os primeiros bancos europeos sustituíron os ourives na súa funcion de custodiar o ouro. Os recibos que entregaban a cambio do metal depositado convertéronse nos primeiros billetes de banco.
  3. O diñeiro fiduciario--> actualmente i diñeiro xa non ten valor como mercadoría nin é convertible en ouro. Créao a autoridade monetaria ou banco central e a súa aceptacion está establecida por lei. O seu uso baséase na confianza de que vai ser aceptado por todos os mebros dunha sociedade.


-Funcións do diñeiro:

  1. Medio de cambio--> é un intermedio que facilita o comercio e a especialización na producción. Para isto, debe ser xeralmente aceptado.

  2. Depósito valor-->non temos porque gastalo inmediatamente, senón que podemos gardalo para cando o necesitemos. É un medio para mater a riqueza que nos permite aforrar. Para isto ten que ter un valor estable.

  3. Unidade de conta ou medida--> o diñeiro permítenos medir o valor dos bens e servizos. Todo se valora en diñeiro, o requisito é qe admita múltiplos e divisores: múltiplos para poder valoras os obxectos moi valiosos e divisores para os de moi pouco valor.