- Demanda para transaccións--> as familias necesitan diñeiro para realizar as súas compras e as empresas para apgar materias primas ou salarios. Por iso, demandan e manteñen unha cantidade dispoñible de diñeiro para antender as súas necesidades diarias.
- Demanda por precaución--> Os axentes económicos tamén demandan e manteñen diñeiro dispoñible para poder facerlles fronte aos gastos imprevistos.
Pero o diñeiro só é útil cando o utilizamos para cambialo por bens: o simple feito de telo non só non nos satisfai ningunha necesidade, senón que, ademais, pode provocar que perda parte do seu valor.Por iso cando as persoas demandan diñeiro teñen que ter en conta os seguientes factores:
- O nivel de prezos: se soben os precios demandaremos maís diñeiro para amnter a mesma capacidade de gasto.
- O nivel de renda: un aumento da renda xera un aumento do nivel do gasto, e para gastar demandaremos maís diñeiro.
- O tipo de xuro: a demanda de diñeiro ten unha relación inversa co tipo de xuro. Se é baixo non nos importará ter unha gran cantidade de diñeiro inactivo en cambio se sobe será maís atractivo ter o diñeiro nun depósito a prazo.
- O risco e as expectativas: é maís seguro manter o diñeiro no peto, pero menos rendible ca telo investido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario