miércoles, 12 de mayo de 2010

MACROECONOMIA

A macroeconomía é a parte da economía que estuda os problemas prioritarios dun país.
Os principais problemas ou cuestións macroeconómicas son:
-Crecemento: ao aumentar os bens de producción aumenta o emprego,o que fai que mellore o nivel de vida da poboacíon. Así recádanse maís impostos o que fai que o Estado poida ofrecer mellores servicios públicos.


-Emprego: o desemprego é un dos problemas principais de moitos Estados,non soamente pola perda do benestar que supón para a súa poboación, senón tamén polo malgasto de capital humano.
-Equilibrio de prezos: cando se da unha inflacción* prodúcense desequilibrios. Por iso o analise das causas de esa inflacción e as medidas que a evitan son cuestións prioritarias para un país.
-Equilibrio orzamentario: cando as contas de un Estado teñen máis gastos ca ingresos prodúcense desequilibrios, o que provoca o endebendamento do Estado.
-Equilibrio exterior: cando un país importa* maís que exporta* tamén se dan desequilibrios. Para solucionar esta situación hai que endebedarse co exterior. O pagamento desta débeda externa é o principal problema de moitos paises que non conseguen saír da pobreza.



-Equidade: debido ao libreo xogo de mercado hai desigualdades económicas. Unha das precupacións prioritarias da política económica é tender cara unha redistribución da renda, de acordo cos valores de xustiza e equidade, que tenda a eliminar as desigualdades e a pobreza.
-Sustentabilidade: unha preocupación crecente é garantir que as actividades económicas das xeracións presentes non poñan en perigo ás xeracións futuras, ou o que é o mesmo, unha equidade xeracional.


*inflacción: subida significativa e contínua dos prezos.
*importar: comprar produtos producidos no exterior.
*exportar: vender produtos ao exterior producidos no país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario