miércoles, 19 de mayo de 2010

O PIB

O PIB (produto interior bruto) é o valor de mercado de todos os bens e servizos finais producidos nun país durante un determinado período de tempo

Para calcular o PIB :
-súmanse bens heteroxéneos multiplicando as cantidades polo seu prezo, de forma que o que se suman son as unidades monetarias.
-Súmanse todos os bens e servizos que pasan polo mercado.
-Só se teñen en conta os bens finais,non os intermedios.
-Só se teñen en conta os bens producidos, é dicir, se eu quero vender a miña moto de segunda man non entraría no PIB deste ano,pero si no PIB do ano no que eu a comprei.
-O tempo soe ser un ano.





COMPOÑENTES DO PIB
  1. Consumo privado: unha parte dos bens finais é consumida polas familias. Nos países desenvolvidos supón arredor do 60% do PIB.
  2. Investimento: gasto das empresas como investimento en edificios,maquinaria, instalacións... O gasto familiar ne nova vivenda tamén se considera investimento en vez de consumo. Supón arredor dun 20% nos países desenvolvidos.
  3. Gasto público: gastos do Estado, é dicir gastos de bens e servizos por parte de todas as administracións do Estado (salarios traballadores, estradas...). Na mairoria dos países supón entre un 10 e 20 % do PIB sendo maior naqueles estados que ofrecen mellores servizos públicos.
  4. Exportacións netas: moitos dos bens que son producidos no país véndense ao exterior, de igual maneira que moitos bens que son consumidos no país son comprados do exterior. Así distínguense entre exportacións e importacións. As primeiras teñen signo positivo, pois son producidas no país e súmanse ao PIB, as últimas teñen signo negativo, pois cómpranse do exterior e réstanse ao PIB.

No hay comentarios:

Publicar un comentario