viernes, 5 de marzo de 2010

DESEMPREGO

Para obter as cifras do paro en España utilízanse fundamentalmente dous procedementos:
  • Enquisa de Poboación activa (EPA): realízaa o Instituto Nacional de Estatística entre a poboación de 16 ou máis anos que este dispoñible para traballar.
  • Paro rexistrado: realízaa mensualmente o Instituto Nacional de Emprego (INEM). Pero neste caso só se ten en conta aqueles desempregados que se rexistran nas oficinas, polo tanto quedan fora aquelas persoas que renuncian a seguir inscritos no rexistro despois de estar un tempo sen encontrar traballo.


TIPOS DE DESEMPREGO SEGUNDO AS CAUSAS QUE O PROVOCAN:
  • Desemprego friccional : prodúcese ao cambiar de emprego, cando se busca o primeiro traballo oa rematar os estudos...
  • Desemprego cíclico: prodúcese en épocas de crise económica.
  • Desemprego estrutural: prodúcese porque se reclaman uns postos de traballo diferentes aos que se ofrecen.

jueves, 4 de marzo de 2010

CARACTERISTICAS DUN MERCADO MONOPOLISTA


Nestes mercados existen un gran número de barreiras de entrada e de saída.
Poden darse en diversas circunstancias:
  • Cando unha empresa controla a totalidade dos recursos necesarios para producir un ben
  • Cando unha empresa ten o control tecnolóxico suficiente para ofrecer un produto único.
  • Cando un Estado límita o número de empresas ( monopolio legal). Hoxe en día estos mercados proveñen das patentes*
  • Monopolios naturales: subministración de auga, electricidade... En estos casos é máis barato que haxa unha única empresa que realice o servizo, debido aos elevados custos fixos pero uns reducidos custos variables.

* Patentes: impiden que calquera empresa poida copiar e producir o que outra xa patentou.

CARACTERISTICAS DE UN MERCADO DE TIPO OLIGOPOLIO

  • Elevado número de barreiras de entrada e de saída
  • Número de empresas competidoras pequeno.
  • Soen ser grandes empresas, por iso cada unha delas ten unha porcentaxe significativa de cota de mercado*.
  • As decisións que toma unha das empresas inflúen decisivamente no comportamento das outras.



*Cota de mercado: parte da producción global dun sector que lle coresponde a unha empresa, un produto ou unha marca.
*Duopolio: oligopolio que se da cando soamente hai dúas empresas.
*Cártel: acordo formal que realizan varias empresas que traballan nun mercado oligopolista para lograr maiores beneficios grazas á fixación conxunta de prezos, á distribución xeográfica ou funcional do mercado ou á limitación da produción global.

jueves, 25 de febrero de 2010

CARACTERISTICAS DUN MERCADO DE COMPETENCIA MONOPOLISTICA


  • Poucas barreiras de entrada e saída.
  • Existe unha gran cantidade de produtores.
  • O ben é un produto diferenciado.
  • O produtor ten certo poder para fixar o prezo. Pero este poder non é absoluto: os prezos só poden ser fixados un pouco por riba dos de mercado. Por iso os demandantes se atopan con prezos máis altos ca nun mercado de competencia perfecta.




Por iso dicimos que un mercado de competencia perfecta é un mercado cunha gran cantidade de produtores debido ás baixas barreiras de entrada e que vende productos similares pero diferenciados entre sí.

CARACTERISTICAS DOS MERCADOS DE COMPETENCIA PERFECTA


  • Poucas barreiras de entrada e saída*
  • Gran cantidade de pequenos produtores que obteñen unha porción insignificante do mercado total.
  • O produto é homoxéneo, é dicir, non existen diferenzas entre o produto que vende unha empresa e os que venden as outras.
  • Existe plena información; os compradores e productores coñecen as características do produto e o seu prezo.
  • O produtor non ten ningún poder para fixar o prezo dos seus produtos por iso dise que existen empresas prezo-aceptantes.*


Por todo iso dise que a competencia perfecta é un tipo de mercado no que existen moitas pequenas empresas que producen un único produto non diferenciado, de modo que ningún dos produtores pode influír sobre o prezo ao que vende o seu produto.




*Barreiras de entrada a unha actividade: son obstáculos que impiden ou dificultan que unha empresa poida iniciar unha actividade económica. Poden ser legais ( o Estado limita o número de empresas) ou económicas (non chega o orzamento para abrir un novo negocio) .
*Empresas prezo aceptantes: son empresas que non poden fixar o prezo dos seus produtos e teñen que aceptar o prezo do mercado.

martes, 16 de febrero de 2010

TIPOS DE MERCADO SEGUNDO O NIVEL DE COMPETENCIA


*Competencia: rivalidade entre varias empresas que pretenden vender a mesma clase de bens ou sevizos aos demandantes dese mercado.
  1. Competencia perfecta: existe un gran número de oferentes e demandantes. Ningunha empresa pode influír no prezo do produto, ademáis son tan pequenas que ningún oferente ten maís forza ca outros. O produto que se vende é identico,polo tanto os consumidores non diferencia entre o que ofrece unha empresa e o que ofrece outra. É o tipo de mercado no que o consumidor sae máis beneficiado.
  2. Competencia imperfecta: os oferente si teñen certo poder e poden influír no prezo dos produtos que venden. Distínguense entre:
  • Competencia monopolística: caracterizado por ter un gran número de oferentes. Diferéncianse dos mercwados de competencia perfecta porque neste caso as empresas producen bens que se diferencian dos da competencia.
  • Oligopolio: o número de oferentes é pequeno frente a unha gran cantidade de consumidores. Existen dous tipo: de rivalidade e de forte competencia (telefonía móbil) ou de cooperación e acordos (petróleo). As empresas teñen poder de influencia sobre os prezos de venda dos seus produtos.
  • Monopolio: existe un só oferente ou hai varios,pero un deles controla máis do 95% do mercado. Este é o peor tipo de mercado para os consumidores, xa que os prezos dos produtos son maiores que en calquera outro. Por iso os países adoitan promulgar leis de defensa da competecia e prohibición de determinados monopolios.

miércoles, 10 de febrero de 2010

Elasticidade prezo da demanda

A elasticidade prezo da demanda intenta describirnos como vai reaccionar a cantidade demandada dun ben ou servizo cando cambian os seus prezos.








Factores que influen:

  1. Productos que o poden sustituir: o sal, por exemplo,non ten doados subtitutos e é un ben necesario por iso a súa demanda é moi inelástica.

  2. A curto prazo os bens son inelásticos: por que nada máis cambiar o prezo dun ben non podemos actuar con rapiza e deizar de mercalo. Cando pasa certo tempo e hai alternaticas no mercado a a demanda pasa a ser elástica.

  3. O cambio de prezo dun ben barato terá poucas consecuencias na cantidade demandada pero nun caro si.

  4. Se un ben é necesario unha modificación dos seus prezos non afectará moitoá cantidade demandada mentras que sucede o contrario cos bens que non son totalmente necesarios.

*Conceptos:

- Demanda inelástica: Dáse cando unha variación do prezo provoca que a cantidade demandada cambie unha porcentaxe moi baixa.

-Demanda elástica: Dáse cando unha variación do prezo provoca que a cantidade demandada cambie unha porcentaxe moi alta.