viernes, 5 de marzo de 2010

DESEMPREGO

Para obter as cifras do paro en España utilízanse fundamentalmente dous procedementos:
  • Enquisa de Poboación activa (EPA): realízaa o Instituto Nacional de Estatística entre a poboación de 16 ou máis anos que este dispoñible para traballar.
  • Paro rexistrado: realízaa mensualmente o Instituto Nacional de Emprego (INEM). Pero neste caso só se ten en conta aqueles desempregados que se rexistran nas oficinas, polo tanto quedan fora aquelas persoas que renuncian a seguir inscritos no rexistro despois de estar un tempo sen encontrar traballo.


TIPOS DE DESEMPREGO SEGUNDO AS CAUSAS QUE O PROVOCAN:
  • Desemprego friccional : prodúcese ao cambiar de emprego, cando se busca o primeiro traballo oa rematar os estudos...
  • Desemprego cíclico: prodúcese en épocas de crise económica.
  • Desemprego estrutural: prodúcese porque se reclaman uns postos de traballo diferentes aos que se ofrecen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario