- Poucas barreiras de entrada e saída*
- Gran cantidade de pequenos produtores que obteñen unha porción insignificante do mercado total.
- O produto é homoxéneo, é dicir, non existen diferenzas entre o produto que vende unha empresa e os que venden as outras.
- Existe plena información; os compradores e productores coñecen as características do produto e o seu prezo.
- O produtor non ten ningún poder para fixar o prezo dos seus produtos por iso dise que existen empresas prezo-aceptantes.*
Por todo iso dise que a competencia perfecta é un tipo de mercado no que existen moitas pequenas empresas que producen un único produto non diferenciado, de modo que ningún dos produtores pode influír sobre o prezo ao que vende o seu produto.
*Barreiras de entrada a unha actividade: son obstáculos que impiden ou dificultan que unha empresa poida iniciar unha actividade económica. Poden ser legais ( o Estado limita o número de empresas) ou económicas (non chega o orzamento para abrir un novo negocio) .
*Empresas prezo aceptantes: son empresas que non poden fixar o prezo dos seus produtos e teñen que aceptar o prezo do mercado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario