martes, 16 de febrero de 2010

TIPOS DE MERCADO SEGUNDO O NIVEL DE COMPETENCIA


*Competencia: rivalidade entre varias empresas que pretenden vender a mesma clase de bens ou sevizos aos demandantes dese mercado.
  1. Competencia perfecta: existe un gran número de oferentes e demandantes. Ningunha empresa pode influír no prezo do produto, ademáis son tan pequenas que ningún oferente ten maís forza ca outros. O produto que se vende é identico,polo tanto os consumidores non diferencia entre o que ofrece unha empresa e o que ofrece outra. É o tipo de mercado no que o consumidor sae máis beneficiado.
  2. Competencia imperfecta: os oferente si teñen certo poder e poden influír no prezo dos produtos que venden. Distínguense entre:
  • Competencia monopolística: caracterizado por ter un gran número de oferentes. Diferéncianse dos mercwados de competencia perfecta porque neste caso as empresas producen bens que se diferencian dos da competencia.
  • Oligopolio: o número de oferentes é pequeno frente a unha gran cantidade de consumidores. Existen dous tipo: de rivalidade e de forte competencia (telefonía móbil) ou de cooperación e acordos (petróleo). As empresas teñen poder de influencia sobre os prezos de venda dos seus produtos.
  • Monopolio: existe un só oferente ou hai varios,pero un deles controla máis do 95% do mercado. Este é o peor tipo de mercado para os consumidores, xa que os prezos dos produtos son maiores que en calquera outro. Por iso os países adoitan promulgar leis de defensa da competecia e prohibición de determinados monopolios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario