miércoles, 10 de febrero de 2010

Elasticidade prezo da demanda

A elasticidade prezo da demanda intenta describirnos como vai reaccionar a cantidade demandada dun ben ou servizo cando cambian os seus prezos.








Factores que influen:

  1. Productos que o poden sustituir: o sal, por exemplo,non ten doados subtitutos e é un ben necesario por iso a súa demanda é moi inelástica.

  2. A curto prazo os bens son inelásticos: por que nada máis cambiar o prezo dun ben non podemos actuar con rapiza e deizar de mercalo. Cando pasa certo tempo e hai alternaticas no mercado a a demanda pasa a ser elástica.

  3. O cambio de prezo dun ben barato terá poucas consecuencias na cantidade demandada pero nun caro si.

  4. Se un ben é necesario unha modificación dos seus prezos non afectará moitoá cantidade demandada mentras que sucede o contrario cos bens que non son totalmente necesarios.

*Conceptos:

- Demanda inelástica: Dáse cando unha variación do prezo provoca que a cantidade demandada cambie unha porcentaxe moi baixa.

-Demanda elástica: Dáse cando unha variación do prezo provoca que a cantidade demandada cambie unha porcentaxe moi alta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario