miércoles, 27 de enero de 2010

QUE SON E POR QUE EXISTEN OS MERCADOS?

Denomínase mercado o medio polo cal se poñen en contacto persoas ou colectivos que desexan adquirir un determinado ben con outros que desexan vendelo.
O valor do sevizo medido na moeda que se utiliza é o que se denomina prezo.


OS TRES PIARES DUN MERCADO

Para que o mercado funcione debe basearse en tres piares esenciais:

  1. Os oferentes : grupo de persoas ou empresas que queiran vender uns bens ou servizos.
  2. Os demandantes: grupo de persoas ou empresas que queiran adquirir uns bens ou servizos.
  3. Uns precios: que amosen o valor destes bens e que permitan que haxa intercambios.

REQUISISTOS IMPRESCINDIBLES PARA QUE EXISTA UN MERCADO

  1. Liberdade de mercado: debe existir unha liberdade que permita que tanto os que queiran mercar como os que desexan vender teñen liberdade de como facelo, a quen e ao precio que queiran.
  2. Propiedade privada sobre os bens e sobre os factores de producción: se unha persoa non é propietaria da terra, non pode vendela e queda fóra do mercado.
  3. Dereito que regule as compravendas e o resto de operacións económicas: non soamente se deben regular os dereitos e deberes dos compradores e vendedores, senón que o Estado debe ser o suficientemente forte para poder garantirlles ás partes que, en caso de incrumprimiento, se utilizen todos os medios estipulados para obligar a quen imcumpriu o pacto a cumprilo e asegurar a sanción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario