jueves, 25 de febrero de 2010

CARACTERISTICAS DUN MERCADO DE COMPETENCIA MONOPOLISTICA


  • Poucas barreiras de entrada e saída.
  • Existe unha gran cantidade de produtores.
  • O ben é un produto diferenciado.
  • O produtor ten certo poder para fixar o prezo. Pero este poder non é absoluto: os prezos só poden ser fixados un pouco por riba dos de mercado. Por iso os demandantes se atopan con prezos máis altos ca nun mercado de competencia perfecta.




Por iso dicimos que un mercado de competencia perfecta é un mercado cunha gran cantidade de produtores debido ás baixas barreiras de entrada e que vende productos similares pero diferenciados entre sí.

CARACTERISTICAS DOS MERCADOS DE COMPETENCIA PERFECTA


  • Poucas barreiras de entrada e saída*
  • Gran cantidade de pequenos produtores que obteñen unha porción insignificante do mercado total.
  • O produto é homoxéneo, é dicir, non existen diferenzas entre o produto que vende unha empresa e os que venden as outras.
  • Existe plena información; os compradores e productores coñecen as características do produto e o seu prezo.
  • O produtor non ten ningún poder para fixar o prezo dos seus produtos por iso dise que existen empresas prezo-aceptantes.*


Por todo iso dise que a competencia perfecta é un tipo de mercado no que existen moitas pequenas empresas que producen un único produto non diferenciado, de modo que ningún dos produtores pode influír sobre o prezo ao que vende o seu produto.




*Barreiras de entrada a unha actividade: son obstáculos que impiden ou dificultan que unha empresa poida iniciar unha actividade económica. Poden ser legais ( o Estado limita o número de empresas) ou económicas (non chega o orzamento para abrir un novo negocio) .
*Empresas prezo aceptantes: son empresas que non poden fixar o prezo dos seus produtos e teñen que aceptar o prezo do mercado.

martes, 16 de febrero de 2010

TIPOS DE MERCADO SEGUNDO O NIVEL DE COMPETENCIA


*Competencia: rivalidade entre varias empresas que pretenden vender a mesma clase de bens ou sevizos aos demandantes dese mercado.
  1. Competencia perfecta: existe un gran número de oferentes e demandantes. Ningunha empresa pode influír no prezo do produto, ademáis son tan pequenas que ningún oferente ten maís forza ca outros. O produto que se vende é identico,polo tanto os consumidores non diferencia entre o que ofrece unha empresa e o que ofrece outra. É o tipo de mercado no que o consumidor sae máis beneficiado.
  2. Competencia imperfecta: os oferente si teñen certo poder e poden influír no prezo dos produtos que venden. Distínguense entre:
  • Competencia monopolística: caracterizado por ter un gran número de oferentes. Diferéncianse dos mercwados de competencia perfecta porque neste caso as empresas producen bens que se diferencian dos da competencia.
  • Oligopolio: o número de oferentes é pequeno frente a unha gran cantidade de consumidores. Existen dous tipo: de rivalidade e de forte competencia (telefonía móbil) ou de cooperación e acordos (petróleo). As empresas teñen poder de influencia sobre os prezos de venda dos seus produtos.
  • Monopolio: existe un só oferente ou hai varios,pero un deles controla máis do 95% do mercado. Este é o peor tipo de mercado para os consumidores, xa que os prezos dos produtos son maiores que en calquera outro. Por iso os países adoitan promulgar leis de defensa da competecia e prohibición de determinados monopolios.

miércoles, 10 de febrero de 2010

Elasticidade prezo da demanda

A elasticidade prezo da demanda intenta describirnos como vai reaccionar a cantidade demandada dun ben ou servizo cando cambian os seus prezos.








Factores que influen:

  1. Productos que o poden sustituir: o sal, por exemplo,non ten doados subtitutos e é un ben necesario por iso a súa demanda é moi inelástica.

  2. A curto prazo os bens son inelásticos: por que nada máis cambiar o prezo dun ben non podemos actuar con rapiza e deizar de mercalo. Cando pasa certo tempo e hai alternaticas no mercado a a demanda pasa a ser elástica.

  3. O cambio de prezo dun ben barato terá poucas consecuencias na cantidade demandada pero nun caro si.

  4. Se un ben é necesario unha modificación dos seus prezos non afectará moitoá cantidade demandada mentras que sucede o contrario cos bens que non son totalmente necesarios.

*Conceptos:

- Demanda inelástica: Dáse cando unha variación do prezo provoca que a cantidade demandada cambie unha porcentaxe moi baixa.

-Demanda elástica: Dáse cando unha variación do prezo provoca que a cantidade demandada cambie unha porcentaxe moi alta.

jueves, 28 de enero de 2010

¿COMO RESPONDE O MERCADO AS TRES PREGUNTAS ECONÓMICAS DUNHA SOCIEDADE?


  1. Que producir: no mercado acabase producindo o que demanda a poboación, xa que será o único que se poderá vender.


  2. Como producir: os productores intentarán producir o maís eficientemente posible buscando sempre o aforro de custos nos seus sistemas de producción.


  3. Para quen producir: céntranse nos colectivos que queren e poden adquirir os bens que eles fabrican, é dicir, aqueles que poidan pagalos.




Por outro lado, hai moitos factores que inflúen na cantidade do producto que se vai a producir:



  1. O prezo do ben: se o prezo é moi elevado algúns compradores non poderan permitirse ese luxo.

  2. O prezo doutros bens relacionados: se ese mesmo producto noutras marcas é máis barato, o comprador mercara a outra marca. No caso dos bens colectivos (gasolina e coches), se un deles sube os compradores adquiriran menos do outro.

  3. Os gustos: neste apartado influe a moda.

  4. A renda dos consumidores: bens normais e bens inferiores




miércoles, 27 de enero de 2010

QUE SON E POR QUE EXISTEN OS MERCADOS?

Denomínase mercado o medio polo cal se poñen en contacto persoas ou colectivos que desexan adquirir un determinado ben con outros que desexan vendelo.
O valor do sevizo medido na moeda que se utiliza é o que se denomina prezo.


OS TRES PIARES DUN MERCADO

Para que o mercado funcione debe basearse en tres piares esenciais:

  1. Os oferentes : grupo de persoas ou empresas que queiran vender uns bens ou servizos.
  2. Os demandantes: grupo de persoas ou empresas que queiran adquirir uns bens ou servizos.
  3. Uns precios: que amosen o valor destes bens e que permitan que haxa intercambios.

REQUISISTOS IMPRESCINDIBLES PARA QUE EXISTA UN MERCADO

  1. Liberdade de mercado: debe existir unha liberdade que permita que tanto os que queiran mercar como os que desexan vender teñen liberdade de como facelo, a quen e ao precio que queiran.
  2. Propiedade privada sobre os bens e sobre os factores de producción: se unha persoa non é propietaria da terra, non pode vendela e queda fóra do mercado.
  3. Dereito que regule as compravendas e o resto de operacións económicas: non soamente se deben regular os dereitos e deberes dos compradores e vendedores, senón que o Estado debe ser o suficientemente forte para poder garantirlles ás partes que, en caso de incrumprimiento, se utilizen todos os medios estipulados para obligar a quen imcumpriu o pacto a cumprilo e asegurar a sanción.

jueves, 14 de enero de 2010

Informe Anual 2009



La crisis financiera cada vez es más intensa. Todos los días los titulares de los medios reflejan las alzas y bajas de los precios de las acciones y describen los fracasos de las instituciones financieras y las grandes empresas industriales.







Reducir la pobreza y hacer que el crecimiento y el comercio den frutos para todos ha sido un elemento esencial del trabajo del PNUD desde sus comienzos.


Esa tarea de largo alcance es aún más difícil en tiempos de crisis cuando, para los países en desarrollo, una caída del 3% en el producto interno bruto lleva a entre 47 y 120 más muertes de niños por mil nacidos vivos.










Sin los sistemas de protección que existen en países más ricos, las naciones más pobres quedan totalmente expuestas a los impactos de pérdidas masivas de empleo, envíos de dinero reducidos, un comercio colapsado y precios volátiles de los artículos de consumo.





El desarrollo “humano” es la clave del trabajo del PNUD. El crecimiento económico no creará empleo y disminuirá la pobreza a menos que se trate de un crecimiento económico inclusivo, donde las necesidades de los pobres y de los marginados estén en el foco de atención.El PNUD ayuda a los gobiernos a medir y comprender la pobreza, crea las capacidades de los gobiernos nacionales para formular, planificar, presupuestar e implementar y promueve las políticas macroeconómicas y fiscales.