jueves, 1 de octubre de 2009











A economía procede do grego e significa "a administracion da casa".
Alfred Marshall (gran economista do século XIX) definiuna como "o estudo da humanidade nas suas tarefas cotián".
É un coñencemento práctico que nos axuda a resolver problemas, a entender o mundo e a participar para melloralo.


*A base do problema económico radica en que os seres humanos teñen unha serie de necesidades e dispoñen duns recursos escasos para satisfacelas
-Recursos escasos:para obter bens e servicios cómpre dispoñer de rescursos cos que producilos. O problema é que estes recursos son escasos, é dicir, a sua cantidade non é suficiente para satisfacer todas as necesidades dunha sociedade. Algúns destes recursos son a madeira, pretróleo,os minerais...

*A economía estuda o modo en que a sociedade xestiona os seus recursos escasos para lograr o benestar material dos seus membros.
-existen uns axentes económicos, é dicir, os protagonistas da economía nas súas decisións diarias:
a)As familias e os individuos: con ingresos limitados teñen que elixir entre irse de vacacións ou reformar a vivenda,por exemplo.
b)As empresas: dispoñene dun capital económico a base do cal deciden cantos traballadores e equipos utilizar,que producir...
c)O Estado,as comunidades autónomas e os concellos:deciden se empregan o seu capital en máis hospitais,estradas...

*Distintos tipos de necesidades:
As necesidades maniféstanse como a sensación de carencia de algo unida ao desexo de satisfacela. A economía interésase especialmente por aquelas necesidades cuxa satisfación require o emprego de recursos escasos.
-Necesidades primarias: alimentarse,vestirse, unha vivenda...son imprescindibles para poder sobrevivir
-Necesidades secundarias:
ocio,relacionarse na sociedade...aumentan o nivel de satisfacción e benestar do individuo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario