viernes, 30 de octubre de 2009

Clasificación dos bens e servicios


Antes de comenzar a clasificalos temos que entender o seu significado:
Os bens son todas aquelas cousas que se consideran adecuadas para satisfacer as necesidades humanas (alimentos, roupa...)
Os servicios son as actividades que buscan satisfacer as necesidades.

Existen varios tipos de servizos e bens:
  1. Segundo a súa excaseza ou abundancia:
-bens económicos---> non se atopan na natureza,hai que transformalos para que sirvan ás necesidades humanas. Son útiles e escasos. A súa obtención require esforzo
-bens non económicos ou bens libres---> son abundantes e estan dispoñibles sen esforzo económico (aire,sol...)

2.Segundo a súa función:
-bens de producción ou de capital---> non procuran unha satisfacción inmediata pero producen outros bens como máquinas ou ferramentas.
-bens de consumo ---> hai dous tipos:
*bens duradeiros---> como a palabra indica,son os bens que nos permiten un uso prolongado no tempo (electrodomésticos, vivenda...)
*bens perecedoiros---> de consumo inmediato,que desaparecen unha vez consumidos (alimentos).

3.Segundo o seu grao de elavoración:
-bens finais---> son os que xa estan aptos para ó consumo.
-bens intermedios--->requiren certa transformación para chegar a ser bens finais.
Exemplo: a madeira transformase en papel(ben intermedio) e este en libro(ben final)

4.Segundo a relación que manteñan ent
re si:
-bens complementarios---> son aqueles que é necesario consumir conxuntamente (lavadora e
deterxente)
-bens substitutivos---> aqueles que satisfán unha mesma necesidade (peras e mazás)

5.Segundo se poidan compartir ou non:
-bens privados---> coche particular
-bens públicos ou colectivos---> autobús

No hay comentarios:

Publicar un comentario