miércoles, 19 de mayo de 2010

ASPECTOS QUE NON RECOLLE O PIB

O crecemento económico considérase como o obxetivo principal da política económica, pois suponse que a través del se logra o benestar social. O problema radica en que este crecemento se mide a través do PIb, e este non recolle aspectos importantes que inflúen no benestar humano.
Estes aspectos son:
  • Traballo doméstico: se un dos cónxugues realiza as tarefas do fogar, ese traballo non se inclúe no PIB, non obstante, se deciden contratar a unha persoa para realizar esas tarefas, si se inclúe.
  • Traballo do voluntariado: actividades de asociacións non lucrativas que prestan servizos que non pasan polo mercado e que levan consigo un volumen de recursos, esforzo e tempo importantes.
  • Operacións de troco: intercambio de bens e servizos sen que medie o diñeiro.
  • Economia somerxida: actividades que se realizan de forma ilegal ou clandestina. Calcúlase que en España podería chegar a ocupar arredor do 20% do PIB.

No hay comentarios:

Publicar un comentario