miércoles, 14 de abril de 2010

O DIÑEIRO E AS SUAS FUNCIONS

O diñeiro pódese definir como todo medio de cambio e pagamento xeralmente aceptado pola sociedade.
-Tipos de diñeiro:
  1. O diñeiro mercadoria--> é a sua forma maís primitiva. É un ben que, ademais de ter o seu propio valor de uso, se emrpega como medio de pagamento. Para que unha mercadoria poida ser usada como diñeiro deben ser facilmente transportables, duradiros, divisibles en partes, homoxéneos e escasos. Ex: gando, as cunchas, os metais preciosos... A incomodidade de pesar o ouro en cada intercambio deu orixe á cuñaxe de moedas.
  2. O diñeiro papel--> os primeiros bancos europeos sustituíron os ourives na súa funcion de custodiar o ouro. Os recibos que entregaban a cambio do metal depositado convertéronse nos primeiros billetes de banco.
  3. O diñeiro fiduciario--> actualmente i diñeiro xa non ten valor como mercadoría nin é convertible en ouro. Créao a autoridade monetaria ou banco central e a súa aceptacion está establecida por lei. O seu uso baséase na confianza de que vai ser aceptado por todos os mebros dunha sociedade.


-Funcións do diñeiro:

  1. Medio de cambio--> é un intermedio que facilita o comercio e a especialización na producción. Para isto, debe ser xeralmente aceptado.

  2. Depósito valor-->non temos porque gastalo inmediatamente, senón que podemos gardalo para cando o necesitemos. É un medio para mater a riqueza que nos permite aforrar. Para isto ten que ter un valor estable.

  3. Unidade de conta ou medida--> o diñeiro permítenos medir o valor dos bens e servizos. Todo se valora en diñeiro, o requisito é qe admita múltiplos e divisores: múltiplos para poder valoras os obxectos moi valiosos e divisores para os de moi pouco valor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario