miércoles, 9 de diciembre de 2009

SISTEMAS ECONÓMICOS

Os sistemas económicos é a forma na que a sociedade se organiza para resolver os tres problemas económicos básicos:
  1. Que producir?
  2. Como producilo?
  3. Para quen?



Hai tres tipos de sistemas:

A)Sistema de economía de mercado
As decisión tómanas os consumidores e empresas atendendo ao sistema de precios. A intervención do Estado redúcese a garantir o libre funcionamento do mercado.
*Ventaxes: é eficiente e hai liberdade econ
ómica, é dicir, os compradores e empresas producen e adquierer o que queren de forma libre.
*Inconvenientes:
-A economía é inestable
-Existen desigualdades na riqueza
-Abuso do poder por parte das empresas
-Produce problemas ao medio ambiente.
-As necesidades básicas non están cubertas.




B)Sistema de planificación central
As decisións tomadas polo mercado sust
itúense por outras establecidas nun plan fixado polo Estado, que é quen dirixe o funcionamento da economía e controla o poder económico.
Os sistemas económicos redúcense a dous: consumidor-traballador e Estado-empresa.
O Estado toma as decisións mediante unha axencia de planificación central.
*Ventaxes:
-As necesidades básicas quedan cubertas
-Hai un alto nivel de emprego
*Inconvenientes:
- Falta de incentivos
-Falta de eficiencia
-Excesiva burocracia




C)Sistema de economía mixta
É un sistema intermedio entre os outros dous.
Combina as virtudes do mercado baixo a intervención do Estado.
As decisións tómanas os comsumidores e empresas, coa intervención deste.
*Ventaxes:
-Liberdade de acción para consumidores e empresas
-O Estado corrixe os erros do mercado
*Inconvintes: pode ter todos os inconvenientes dos outros dous se non hai equilibrio entre o Estado e o funcionamento do mercado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario