viernes, 5 de marzo de 2010

MERCADO DE TRABALLO


No mercado de traballo son as empresas as que demandan traballadores, e as familias as que ofrecen o seu traballo.
A poboación clasificase en función do seu acceso ao traballo:
  • Poboacion de 16 ou mas anos: poboación total que ten idade para traballar legalmente.
  • Poboación activa: persoas en idade de traballar e que queren traballar. Dentro da poboación activa hai que distinguir:
-Poboación ocupada: persoas activas que teñen traballo.
-Poboación parada: persoas activas que buscan traballo.
  • Poboación inactiva: persoas que teñen idade para traballar pero que por diferentes motivos non buscan emprego (estudiantes,persoas que teñen algunha incapacidade laboral,xubilados...).


*Contrato de traballo: acordo mediante o que unha persoa se obriga voluntaria e persoalmente
q realizar un traballo baixo a organización e dirección doutra a cambio dunha remuneración.

DESEMPREGO

Para obter as cifras do paro en España utilízanse fundamentalmente dous procedementos:
  • Enquisa de Poboación activa (EPA): realízaa o Instituto Nacional de Estatística entre a poboación de 16 ou máis anos que este dispoñible para traballar.
  • Paro rexistrado: realízaa mensualmente o Instituto Nacional de Emprego (INEM). Pero neste caso só se ten en conta aqueles desempregados que se rexistran nas oficinas, polo tanto quedan fora aquelas persoas que renuncian a seguir inscritos no rexistro despois de estar un tempo sen encontrar traballo.


TIPOS DE DESEMPREGO SEGUNDO AS CAUSAS QUE O PROVOCAN:
  • Desemprego friccional : prodúcese ao cambiar de emprego, cando se busca o primeiro traballo oa rematar os estudos...
  • Desemprego cíclico: prodúcese en épocas de crise económica.
  • Desemprego estrutural: prodúcese porque se reclaman uns postos de traballo diferentes aos que se ofrecen.

jueves, 4 de marzo de 2010

CARACTERISTICAS DUN MERCADO MONOPOLISTA


Nestes mercados existen un gran número de barreiras de entrada e de saída.
Poden darse en diversas circunstancias:
  • Cando unha empresa controla a totalidade dos recursos necesarios para producir un ben
  • Cando unha empresa ten o control tecnolóxico suficiente para ofrecer un produto único.
  • Cando un Estado límita o número de empresas ( monopolio legal). Hoxe en día estos mercados proveñen das patentes*
  • Monopolios naturales: subministración de auga, electricidade... En estos casos é máis barato que haxa unha única empresa que realice o servizo, debido aos elevados custos fixos pero uns reducidos custos variables.

* Patentes: impiden que calquera empresa poida copiar e producir o que outra xa patentou.

CARACTERISTICAS DE UN MERCADO DE TIPO OLIGOPOLIO

  • Elevado número de barreiras de entrada e de saída
  • Número de empresas competidoras pequeno.
  • Soen ser grandes empresas, por iso cada unha delas ten unha porcentaxe significativa de cota de mercado*.
  • As decisións que toma unha das empresas inflúen decisivamente no comportamento das outras.



*Cota de mercado: parte da producción global dun sector que lle coresponde a unha empresa, un produto ou unha marca.
*Duopolio: oligopolio que se da cando soamente hai dúas empresas.
*Cártel: acordo formal que realizan varias empresas que traballan nun mercado oligopolista para lograr maiores beneficios grazas á fixación conxunta de prezos, á distribución xeográfica ou funcional do mercado ou á limitación da produción global.