viernes, 30 de octubre de 2009

Factores de producción

Os factores de producción son os recursos necesarios para producir bens e servizos.
1.A terra
Inclúe todos os recursos naturais e materias primas necesarios para producir calquera ben ou
servizo.
Os recursos naturais clasifícanse en:
-Renovables-->non se esgotan.A súa utilización non perxudica o gozo que poidan ter outras
persoas dese recurso.(sol,mar..)
-Non renovables--> se esgotan. Unha vez extraídos e utilizados non podemos volver a telos
(petróleo, cobre...)
-Mixtos--> Hai algúns bens que se esgotan pero podemos evitalo facendo unha explotación
razoada e unha xestión sustentable para que podamos disfrutar deles sen limite.(madeira)


2.O traballo
É calquera acción que teña como obxetivo producir bens e servizos.
A forma máis tradiccional de traballo é a manual, é dicir, aquela que depende directamente da
nosa intervención física sobre os productos para transformaslos nos bens que necesitamos.
A evolución levounos a outra clase de traballos nos que se emprega máis o intelecto: labores de
coordinación, dirección...




3.O capital
O capital son todos os bens que nos se dedican ao consumo,se non que estas destinados a
producir outros bens e servizos.(automóvil utilizado por unha empresa:ben de consumo//auto-
móvil utilizado para o desplazamento particular dunha persona: ben de consumo)
Engloba:
-Infraestructuras necesarias para producir (vías ferreas,satélites de telecomunicacións)
-Edificios nos que se sitúan as empresas e as industrias.
-As máquinas (incluíndo o material infomático)
-Os elementos de transporte, que nos permiten levar os bens desde os lugares de producción
ata os de consumo.

A economía galega e o seu marco de referencia (II)



2.A ECONOMIA GALEGA: NIVEL DE DESENVOLVEMENTO

A comnunidade autónoma galega,xunto con Asturias e Castela-León presenta un índice de benestar social de 5 puntos superando o nivel de Andalucía, Extremadura e Castela-A Mancha.
Únicamente as proivincias de A Coruña, cun índice de 6, e Pontevedra con nivel de 5, alcanzan un valor do índice igual ou superior á media nacional. As restantes provincias galegas, Ourense e Lugo, teñen respectivamente uns niveis de 2 e 1.
Ademáis, dos 12 subíndices que integran o índice de benestar, en 5 deles a comunidade autónoma galega alcanza valores superiores á media nacional.
Estes 5 son:
-índice de condicións de traballo
-índice de seguridade do cidadán e medio ambiente
-índice de entorno natural e clima
-índice referido as condicións de capacidades de acceso económico-comercial
-índice de servicios sanitarios

Hai que destacar tamén o índice da renda,xa que neste, as provincias de A coruña e Pontevedra están por riba da media nacional,mentras que Luego e Ourense non.
No índice de benestar a comunidade galega esta nunha posición intermedia.

.outros índices en galicia a destacar son:
-índice de actividade económica--> 5'7% da media nacional.
-índice industrial-->6'1%
-índice de comercio-->6'0%
-índice de turismo--> 3'1 %



Galicia ten 2731900 habitantes,o 6'8 da poboación española.







(clicar sobre as palabras destacadas para ver definición)

Clasificación dos bens e servicios


Antes de comenzar a clasificalos temos que entender o seu significado:
Os bens son todas aquelas cousas que se consideran adecuadas para satisfacer as necesidades humanas (alimentos, roupa...)
Os servicios son as actividades que buscan satisfacer as necesidades.

Existen varios tipos de servizos e bens:
  1. Segundo a súa excaseza ou abundancia:
-bens económicos---> non se atopan na natureza,hai que transformalos para que sirvan ás necesidades humanas. Son útiles e escasos. A súa obtención require esforzo
-bens non económicos ou bens libres---> son abundantes e estan dispoñibles sen esforzo económico (aire,sol...)

2.Segundo a súa función:
-bens de producción ou de capital---> non procuran unha satisfacción inmediata pero producen outros bens como máquinas ou ferramentas.
-bens de consumo ---> hai dous tipos:
*bens duradeiros---> como a palabra indica,son os bens que nos permiten un uso prolongado no tempo (electrodomésticos, vivenda...)
*bens perecedoiros---> de consumo inmediato,que desaparecen unha vez consumidos (alimentos).

3.Segundo o seu grao de elavoración:
-bens finais---> son os que xa estan aptos para ó consumo.
-bens intermedios--->requiren certa transformación para chegar a ser bens finais.
Exemplo: a madeira transformase en papel(ben intermedio) e este en libro(ben final)

4.Segundo a relación que manteñan ent
re si:
-bens complementarios---> son aqueles que é necesario consumir conxuntamente (lavadora e
deterxente)
-bens substitutivos---> aqueles que satisfán unha mesma necesidade (peras e mazás)

5.Segundo se poidan compartir ou non:
-bens privados---> coche particular
-bens públicos ou colectivos---> autobús

jueves, 29 de octubre de 2009

A economía galega e o seu marco de referencia



1-UN MODELO HISTÓRICO E CONCEPTUAL DE REFERENCIA:
Os economistas acostrubran a interpretar numerosos acontecimientos económicos do presente e pasado en termos da súa incidencia na oferta e/ou demanda para explicar así a súa incidencia
sobre a económia xeral.
A actividade da economía española do século XX era casi toda agraria (50% da producción agrícultores).
España contaba cun mercado doméstico,pobre e pequeno,con escaseza de enerxía e de materias primas,ademáis, escaseaban os bens de consumo e había tensións inflacionistas.
O comercio exterior presentaba un déficit persistente que reducía as reservas de divisas.A finais dos anos
50 houbo unha crise, a súa solución foi o Plan de Estabilización de 1959.





A)Importancia do sector exterior
Na década dos 60 os países industrializados iniciaron unha etapa de crecemento sostido,facilitando un mercado para as mercancías españolas e oporunidades de emprego aos inmigrantes españois,que co diñeiro que enviaban as súas familias equilibraban a balanza de pagos.
O turismo empezou a cobrar importancia na economía española o que fixo que a agricultura
deixara de ser a actividade principal.
O feito maís significativo para esta economía nos anos 70 fo
i o aumento do comercio exterior.


B)Crise económica dos
anos 70
A economía española dabas sinais de requentamento e o prezo do petróleo aumentarou notablemente o que desfavorecia a esta xa que tiña un gran dependencia enerxética deste recurso. Ademáis, España atravesaba un mal momento políticamente: os últimos anos de franquismo.
Todo isto deu lugar a un shock negativo de oferta e a una e
stanflación (estancamento combinado cun aumento das tensións inflacionistas)
A solución á crise chegou coas primeiras eleccións democráticas,foron os "PactosdaMoncloa" xunto cunha política de rendas.


C)A integración en Europa
A economía española entra nunha nova fase de recuperación impulsada pola evolución favorable dos prezos das materias primas e sobre todo pola incorporación a Comunidade Económica Europea.
Pero os responsables da política económica española víronse condicionados polos seguintes criterios:
-loita contra a inflación (vía política monetaria restrictiva)
-Reducción do déficit público
-Control do tipo de cambio
Nos anos 90 a economía española entra nunha nova fase de crecemento sostido.As taxas de crecemento do PIB foron das máis elevadas da UE e ademaís corrixéronse: as tensións inflacionistas, o déficit público e o desequilibrio exterior.


D)Medio século de forte crecemento
No século XX o crecemento foi notable.España pasou de ser un país atrasado a converterse nun industrializado e cun sistema económico e productivo similar aos dos países máis avanzados.Isto debeuse ó aumento da escala de producción( consecuencia do incremento de capital,traballo e productividade por traballador) froito do progreso tecnolóxico.
Contribuiron ao crecemento:
-melloras como os novos productos(automóviles, avións.. )
-informatización de moitas tarefas e ó desenvolvemento das telecomunicacións.
- mellora das técnicas de xestión concretadas (innovacións nas cadeas de montaxe...)





(pinchar sobre las palabras destacadas para ver definición)


jueves, 1 de octubre de 2009











A economía procede do grego e significa "a administracion da casa".
Alfred Marshall (gran economista do século XIX) definiuna como "o estudo da humanidade nas suas tarefas cotián".
É un coñencemento práctico que nos axuda a resolver problemas, a entender o mundo e a participar para melloralo.


*A base do problema económico radica en que os seres humanos teñen unha serie de necesidades e dispoñen duns recursos escasos para satisfacelas
-Recursos escasos:para obter bens e servicios cómpre dispoñer de rescursos cos que producilos. O problema é que estes recursos son escasos, é dicir, a sua cantidade non é suficiente para satisfacer todas as necesidades dunha sociedade. Algúns destes recursos son a madeira, pretróleo,os minerais...

*A economía estuda o modo en que a sociedade xestiona os seus recursos escasos para lograr o benestar material dos seus membros.
-existen uns axentes económicos, é dicir, os protagonistas da economía nas súas decisións diarias:
a)As familias e os individuos: con ingresos limitados teñen que elixir entre irse de vacacións ou reformar a vivenda,por exemplo.
b)As empresas: dispoñene dun capital económico a base do cal deciden cantos traballadores e equipos utilizar,que producir...
c)O Estado,as comunidades autónomas e os concellos:deciden se empregan o seu capital en máis hospitais,estradas...

*Distintos tipos de necesidades:
As necesidades maniféstanse como a sensación de carencia de algo unida ao desexo de satisfacela. A economía interésase especialmente por aquelas necesidades cuxa satisfación require o emprego de recursos escasos.
-Necesidades primarias: alimentarse,vestirse, unha vivenda...son imprescindibles para poder sobrevivir
-Necesidades secundarias:
ocio,relacionarse na sociedade...aumentan o nivel de satisfacción e benestar do individuo.